Bandeira idioma galego

Selecciona o teu idioma

Outros servizos de Mudanzas Hércules en A Coruña

Coñeza en todo o que lle podemos axudar

Ademais de servizos de mudanzas e gardamobles, en Mudanzas Hércules ofrecemos outros servizos para protexer obxectos fráxis e responder a outras necesidades que poidan demandar os nosos clientes.

Dende os nosos inicios, os profesionais que formamos esta empresa de mudanzas en A Coruña, traballamos para ofrecer aos clientes un servizo integral, por iso a nosa carteira de traballos engadimos a xestión de arquivos, o alugueiro de mobiliario e a montaxe de exposicións.

Xestión de arquivos
Alugueiro de mobiliario
Montaxe de exposicións
Coñeza en todo o que lle podemos axudar
Xestión de arquivos

Xestión de arquivos

En moitas ocasións, xorde a necesidade de trasladar documentos arquivados durante longos períodos de tempo, os cales deben manterse cunha orde perfecta e un coidado exquisito.

Para lograr un excelente servizo de xestión de arquivos, en Mudanzas Hércules poñemos á súa disposición as nosas modernas instalacións, xestionadas polos programas informáticos máis apropiados. Dende caixas persoais de clientes ata os documentos intransferibles dun arquivo de institucións públicas ou dunha gran empresa, todo é tratado por nós con minuciosidade e absoluta confidencialidade.

Somos Mudanzas Hércules, especialistas en servizos de mudanzas e outros traballos, como o de xestión de arquivos. Para todo isto dispoñemos dun equipo competente comprometido con cada un dos traballos que levamos a cabo.

Busca absoluta confidencialidade?

Póñase en contacto connosco para obter un excelente servizo de xestión de arquivos.

Solicitar xestión de arquivos

Alugueiro de mobiliario

En Mudanzas Hércules preocupámonos por satisfacer cada unha das necesidades dos nosos clientes. É por isto que, se precisa alugar mobiliario para eventos sociais, exposicións, feiras e oficinas, non dubide en confiar no noso equipo.

Alugar mobles é unha excelente solución cando, por exemplo, precisa levar a cabo algún tipo de exposición ou feira. Un dos casos máis habituais en que os clientes recorren a nós solicitando este tipo de servizos.

Os fogares e oficinas tamén están dentro da nosa carteira de clientes, pois, por exemplo, adoitan acudir a nós persoas que nun momento dado necesitan o alugueiro de mobiliario para oficinas temporais, ou quen está de vacacións e non desexa investir en mobles para as súas casas, na maioría das ocasións tamén alugadas.

En Mudanzas Hércules dispoñemos dun amplo stock de mobiliario que se axusta ás diferentes ocasións, necesidades e gustos de cada cliente, pois a estética do lugar onde se instale o mobiliario alugado é importante para nós.

Alugar mobles é unha excelente solución

Póñase en contacto con nós para obter máis información sobre o noso alugueiro de efectos ou mobles.

Solicitar mobiliario de alugueiro

Alugueiro de mobiliario
Montaxe de exposicións

Montaxe de exposicións

En Mudanzas Hércules realizamos o traslado e a instalación de mobles e stands para a montaxe de exposicións nas diferentes feiras do país. Con nós, terá a garantía de que as súas pertenzas chegarán a tempo e en excelentes condicións.

Contamos con todas as ferramentas necesarias para garantir a perfección nos diferentes traslados que realizamos, así como na instalación dos mobles na correspondente exposición. Traballamos con esmero para realizar cada acción da forma máis precisa posible, sen xerar deterioración en ningún dos efectos manipulados.

O noso servizo de montaxe de exposicións cubre dende a recollida dos elementos publicitarios e corporativos ata o seu traslado e posterior entrega ao cliente no lugar que desexe. Con Mudanzas Hércules atopará tamén servizos de custodia e conservación garantida.

Desenvolvemos os traballos adaptándonos ás especificacións e ás necesidades establecidas por cada un dos nosos clientes, para así lograr incrementar as súa fidelidade e seguir sendo unha das mellores empresas no sector das mudanzas.

Necesita un servizo de montaxe de exposicións?

Póñase en contacto con nós para contratar os nosos servizos de traslado e instalación de mobles e stands.

Solicitar montaxe dunha exposición

Contacte co equipo de Mudanzas Hércules

Se precisa máis información sobre algún dos servizos que ofrecemos, non dubide en poñerse en contacto co equipo de Mudanzas Hércules. Estaremos encantados de axudarlle!

Financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU. Con todo, os puntos de vista e as opinións expresadas son unicamente os do autor ou autores e non reflicten necesariamente os da Unión Europea ou a Comisión Europea. Nin a Unión Europea nin a Comisión Europea poden ser consideradas responsables das mesmas.